Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Concello de Nigrán recupera o derbi Nigrán C.F – Racing Vilariño

O Concello de Nigrán recupera o derbi Nigrán C.F – Racing Vilariño

Correo-e Imprimir PDF

550vilarinho nigran

O partido entre os dous equipos afeccionados de máxima categoría no municipio se celebra ás 19.30 horas no campo de Condomínguez

O Concello de Nigrán recuperar mañá sábado, tras máis de catro anos sen celebrarse, o IX Torneo Concello de Nigrán que enfronta aos dous equipos afeccionados en máxima categoría do municipio: o Nigrán C.F., recén ascendido a Primeira Rexional, e o Racing Vilariño, en Segunda Rexional e loitando na próxima tempada polo ascenso. O derbi terá lugar no campo de Condomínguez ás 19,30 horas sendo a entrada de balde. Ao finalizar haberá pinchos para os asistentes.

É un orgullo para Nigrán ter dous clubs representando ao municipio nesas categorías e queremos potenciar esa relación entre equipos, que xa de por si é boa, cun torneo que dende a súa orixe une as dúas afeccións nun ambiente festivo”, explica Juan González, alcalde do municipio.

Nesta ocasión o encontro terá lugar no terreo de xogo do Nigrán C.F. (o campo municipal de Condomínguez, en Priegue) quedando o de San Pedro (Vilariño) para o ano próximo.

vilarinhocf550

 

O Racing Vilariño naceu en 1962 da man de Jorge Souto, veciño de Vilariño e o seu primeiro presidente. Pouco a pouco foi medrando ata contar actualmente con 12 equipos, dende a categoría babies (3 anos) ata sénior afeccionado, formación que disputa o torneo e que leva tres tempadas consecutivas xogando en Segunda Rexional e loitando polo ascenso a primeira (categoría na que xa estiveron en diferentes ocasións).

O club presidido por Casto Moreda está formado por preto de 200 xogadores de tódalas idades (inclúe un equipo feminino) e 700 socios.

nigrancf550

Pola súa banda, o Nigrán C.F. xurdiu hai máis de 15 anos tras fusionarse O Dunas e O Priegue. Nos seus 12 primeiros anos ascendeu vertixinosamente de Terceira Rexional a Preferente e actualmente acaba de lograr o ascenso a Primeira Rexional. So conta co equipo de afeccionados sénior tras acordar unha fusión de tódalas categorías base coa E.D.Val Miñor.