Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes #Baiona desexa boa sorte a Omar Rodríguez no Campionato de Europa de Loitas Olímpicas

#Baiona desexa boa sorte a Omar Rodríguez no Campionato de Europa de Loitas Olímpicas

Correo-e Imprimir PDF
Rumania

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o concelleiro de Deportes, Anxo Rodal, recibiron esta mañá na Casa Consistorial ao deportista baionés Omar Rodríguez para desexarlle sorte na súa participación no Campionato de Europa de Loitas Olímpicas.

 

O baionés será o único representante español na categoría cadete no Campionato Europeo de Loitas Olímpicas que se celebrará o próximo 08 de agosto Subòtuca (Serbia).
Vázquez Almuiña aproveitou a ocasión para felicitar ao loitador pola boa temperada que realizou este ano e polos seus recentes triunfos. O mozo proclamouse mellor loitador de España na súa categoría cadete (63 kg). Ademais, quedou subcampión de España Junior e foi chamado polo equipo nacional para defender a España en torneos internacionais obtendo medallas en todos eles.

O Concelleiro de Deportes sumouse á felicitación do rexedor e encomiou o esforzo que o loitador pon sobre o tapiz.

Omar Rodríguez mostrouse agradecido polos bos desexos transmitidos desde o Concello de Baiona. O loitador está adestrando moi duramente estes días xa que ademais da súa próxima participación en Serbia, é posible que acuda ao Mundial de Loita libre.