Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A Deputación de Pontevedra subvencionará as Escolas Deportivas Municipais con 142 mil euros.

A Deputación de Pontevedra subvencionará as Escolas Deportivas Municipais con 142 mil euros.

Correo-e Imprimir PDF
Escolas-deportivas

A Deputación de Pontevedra dispuxo unha partida de 142 mil euros para subvencionar as escolas deportivas municipais na tempada 2014-2015. As bases da convocatoria, publicadas no boletín oficial da provincia deste mércores, fixa o regulamente e procedemento de concesión desta subvencións, en réxime de concorrencia competitiva.


Para o financiamento destas subvencións destínase un crédito máximo de 142.000,00 € imputados á partida 09.3410.489.02 do orzamento de gastos do ano 2015 o 30% (42.600) e o financiamento correspondente ao ano 2016 o 70% restante (99.400) queda condicionado a súa consignación no propio Orzamento 2016, segundo o seguinte detalle:

A) Escolas Deportivas Municipais orientadas á poboación en idade escolar. Destinarase un crédito máximo de 108.000,00 € no que se imputarán 32.400,00 € (30%) ao orzamento de gastos do ano 2015 e 75.600,00 € (70%) con cargo ao orzamento de gastos do ano 2016 do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.

B) Escolas Deportivas Municipais a desenvolver nos centros escolares das parroquias rurais do Concello. Destinarase un importe máximo de 24.000,00 € no que se imputarán 7.200,00 € (30%) ao orzamento de gastos do ano 2015 e 16.800,00 € (70%) con cargo ao orzamento de gastos do ano 2016 do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.

C) Escolas Deportivas Municipais para grupos especiais (discapacitados, persoas con dificultade de inclusión social, terceira idade, etcétera). Destinarase un importe máximo de 10.000,00 € no que se imputarán 3.000,00 € (30%)ao orzamento de gastos do ano 2015 e 7.000,00 € (70%) con cargo ao orzamento de gastos do ano 2016 do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.