Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Club Ciclista Rías Baixas remata con éxito a súa actuación en terras portuguesas.

O Club Ciclista Rías Baixas remata con éxito a súa actuación en terras portuguesas.

Correo-e Imprimir PDF
Lousada

O Club Ciclista Rías Baixas volveu brillar no Circuíto Festas de Lousada. Si fai un ano logrou nesta clásica portuguesa a primeira vitoria da súa historia na categoría Élite e Sub 23, nesta ocasión situou a dous dos seus representantes entre os seis primeiros. Aser Estévez obtivo a quinta posición e Samuel Rodríguez a sexta. Ademais, Cristian Mota tamén acabou no grupo cabeceiro.

O pistard Ivo Oliveira (Liberty) impúxose nesta explosiva proba de 40 quilómetros .

Á marxe dos tres pupilos de Marcos Serrano que terminaron entre os primeiros, outros cinco corredores da entidade miñorana completaron o percorrido: Alejandro Santos, Xoel Dias,

David Amado, Adrián Avelleira e Kevin Gómez.
A próxima cita do Club Ciclista Rías Baixas será a partir do 8 de agosto a Volta a Toledo.