Domingo, 20 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes Os seareiros celtistas da “Arribada Celeste” organizan un torneo solidario este sábado en #Baiona.

Os seareiros celtistas da “Arribada Celeste” organizan un torneo solidario este sábado en #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
tumblr inline nru2tbcTSx1sjafhv 500

Este sábado terá lugar o III Memorial Jaime Vilar Estévez cun torneo de fútbol 7 no campo do Aral, organizado pola peña baionesa do Real Celta de Vigo "Arribada Celeste". O seu presidente, Víctor Rodríguez Iglesias, informa que ademais de fútbol terá lugar unha recollida de alimentos non perecedoiros para a ONG baionesa "Ayuda al mundo necesitado" e coa protectora miñorana Baisenpulgas.

Nese senso a peña "Arribada Celtista" convoca aos participantes, como a calquera persoa que se achegue a ver os partidos a colaborar realizando unha achega ao banco de alimentos por pequena que sexa.

Ademais da ONG tamén estarán o longo da xornada a asociación protectora de animais "Bai.senpulgas", informando do traballo que realizan dende fai xa máis de 1 ano con cans e gatos abandonados no Val Miñor, así como atendendo a quen se queira facer socio ou realizar unha doazón a protectora.
Dende a protectora estarán ademais recollendo colares vellos, correas, comedeiros, penso, produtos de limpeza ou calquera outro utensilio que poida axudar no seu labor.