Domingo, 20 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes O baionés Adrián Valverde representará a Galicia nos campionatos de España de BTT

O baionés Adrián Valverde representará a Galicia nos campionatos de España de BTT

Correo-e Imprimir PDF
valverde

A Federación Galega de Ciclismo convocou ao baionés Adrián Valverde para participar na carreira Sub 23 do Campionato de España de BTT que se celebrará o domingo 19 de xullo en Valladolid. O corredor do Club Ciclista Rías Baixas competirá no circuíto do Cerro de las Contiendas cos mellores especialistas do país na disciplina de XCO (cross country olímpico).

A citación por parte do combinado autonómico premia o rendemento do biker de 21 anos no que vai de tempada. É o actual líder do ranking galego Sub 23 e ocupa a terceira posición na clasificación Élite.

Para Valverde non será a súa primeira presenza nunha gran cita a nivel estatal. O ano pasado acabou 25º na carreira Sub 23 dos Campionatos de España que se disputaron na localidade oscense de Panticosa. Ademais, xa suma dúas aparicións nos Campionatos de España de Ciclocross.