Mércores, 3 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes Abertas as inscricións para vivir 24 horas a todo tenis mesa en #Gondomar.

Abertas as inscricións para vivir 24 horas a todo tenis mesa en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

advincios torneo

As competicións comezarán o sábado 4 de xullo ás 5 da tarde e non se deterán até o domingo ás mesma hora. O evento cumpre a súa décima edición e como todos os anos estará organizado pola Agrupación Deportiva Vincios. Este torneo 24 horas desenvolverase no Pavillón Municipal de Gondomar e haberá tempo para inscribirse ata o vindeiro 1 de xullo.

Nel poderán competir persoas das categorías benxamín, alevín e infantil para quen a inscrición será gratuíta. Os maiores das categorías absoluta e afeccionados colaborarán con 5 euros a trocar por rifas.
Para inscribirse a AD Vincios pon a disposición o enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e o móbil 699 670 085.

CartelXTorneo24