Mércores, 3 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes O Serra Gondomar amosa boa puntería nas dianas de Carboeiro.

O Serra Gondomar amosa boa puntería nas dianas de Carboeiro.

Correo-e Imprimir PDF
11427183 1587931621494350 2629239752430007527 n

Esta fin de semana o Serra de Gondomar Club de Arco participou da 5ª Tirada da Liga do bosque no Carboeiro. Unha competencia da que obtivo bos resultados en varias categorías entre as que destaca o 1º lugar en arco con visor para menores de 14 anos de Rubén Rodríguez.


En arco desnudo obtivo o 3º lugar coa actuación de Marco Antonio e a cuarta coa de José Carlos Presa, mentres que Diego Presa Gómez, tamén do club gondomareño quedou en 8º lugar.
Na categoría para menores de 14 anos "con visor" o Serra Gondomar amosou a súa categoría coa obtención do 1º, 3º, 4º obtidos por Rubén Rodríguez, Xes Argüelles e Anxo Martínez respectivamente.
En arco tradicional recurvo Miguel Ángel Rodriguez conseguiu a segunda posición. Mentres que Adrián Vázquez fíxose coa segunda praza na categoría de menores de 14 anos sen visor.