Mércores, 3 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes Abre inscricións a proba para masters organziada polo Club Ciclista #Gondomar.

Abre inscricións a proba para masters organziada polo Club Ciclista #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
ccgondomar

Están abertas as inscricións para participar na IV Carreira de Master Concello de Gondomar que terá lugar o vindeiro domingo 21 de xuño. Esta proba por carreteira para maiores de 30 anos está organizada polo Club Ciclista Gondomar. A competencia que ano a ano convoca aos amantes deste deporte terá como punto de saída a Praza da Paradela, fronte á casa consistorial ás 10.30 horas.

Inscricións
Para inscribirse están dispoñibles os formularios na web do club e tamén poderán rexistrarse competidores no Pavillón de Deportes de Gondomar o mesmo día da carreira no horario de 9 a 10 horas. O prezo da matrícula de inscrición é de 10 euros.
Percorrido
Dende a praza da Paradela, os competidores realizarán un circuíto de 15 quilómetros con subida a Chaín, Morgandáns, Peitieiros , Couso e volta a Gondomar. Para as categorías de Master 50 e Master 60 a carreira finalizará na volta 4 ao chegar a Gondomar cun percorrido de aproximadamente 60 Km. As categorías Master 30 e Master 40 darán 5 voltas ao circuíto cun percorrido total de aproximadamente 75 quilómetros.
Premios
Anúncianse premios para 1º, 2º e 3º de todas as categorías. Durante a competencia haberá premios para o 1º en pasar polo km30 na segunda volta, e un 1º premio montaña ao primeiro en pasar polo alto de Couso na terceira volta, km41.
Nova directiva
O evento forma parte do novo calendario de competencias anunciado polo club trala asunción de Roberto Valverde Fernández como novo presidente da institución en febreiro pasado. Cargo no que substitúe a José Ángel González Rocha.