Venres, 29 Maio. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes O Club Ciclista Rías Baixas viaxa cos seus dous campións galegos a Burgos e a Cantabria

O Club Ciclista Rías Baixas viaxa cos seus dous campións galegos a Burgos e a Cantabria

Correo-e Imprimir PDF
campions-galegos-rbaixas

Aser Estévez e Alejandro Santos, que se proclamaron o pasado domingo campións de Galicia Élite e Sub 23 respectivamente, integran a formación que o Club Ciclista Rías Baixas presentará este fin de semana en Burgos e en Santander. O conxunto dirixido por Marcos Serrano participará o sábado no Gran Premio San Antonio e ao día seguinte no Memorial Santiesteban.

A outra referencia da estrutura miñorana nestas dúas clásicas do calendario Élite e Sub 23 será Jose Manuel Gutierrez. O ciclista cántabro corre moi preto da súa casa e quere darlle pulo ao seu bo momento de forma. Durante o último mes loitou polos primeiros postos competindo con profesionais en Portugal.

Cristian Mota, David Pérez, Kevin Gómez, Diego Álvarez e Samuel Rodríguez, que o luns terminou undécimo na proba cántabra de Renedo, completan a aliñación. O equipo chega a esta dobre cita con moita motivación despois do brillante resultado obtido no campionato autonómico de fondo en estrada con final no Alto do Mirador do Ézaro.

A XXXIII edición do Gran Premio San Antonio celebrarase sobre un percorrido ideal para ciclistas con chegada na localidade de Val de Mena. Máis esixente resulta o perfil dos 131 quilómetros do XXXIII Memorial Juan Santiesteban. A ascensión a Campo Layal, de segunda categoría e situada a 15 quilómetros da liña de meta de Colindres, a fai resultar decisiva.