Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes “Mono” Burgos e o ex celtista Gustavo López visitaron Baiona esta fin de semana

“Mono” Burgos e o ex celtista Gustavo López visitaron Baiona esta fin de semana

Correo-e Imprimir PDF
burgo-lopez-rocamar-1
rocamar2
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O actual axudante de campo de Cholo Siemeone, German "Mono" Burgos e o actual comentarista de Canal Plus e Carrusel Deportivo, Gustavo Adrián López, visitaron a vila Real durante a pasada fin de semana. Os deportistas arxentinos, actualmente radicados en España, compartiron unha comida no restaurante Rocamar, onde foron tomadas as fotografías xunto co persoal do establecemento.

Gustavo Adrían López vestiu as camisetas de Independente (Arxentina 1991-1995), Real Zaragoza (1995-1999), Celta de Vigo (1999-2007) e Cádiz (2007-2008). Recordado polos seareiros celtistas, foi capitán do equipo co que obtivo a Copa Intertoto no 2000.

Gernmán Burgos ocupa actualmente a praza de axudante de técnico no Atlético de Madrid, e foi porteiro de Ferro Carril Oeste (Arxentina 1989-1994), River Plate (Arxentina 1994-1999), Real Mallorca (1999-2001) e Atlético Madrid (2001-2004)