Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A piscina aberta de Los Abetos acollerá o I Torneo de Waterpolo organizado polo Náutico de Vigo.

A piscina aberta de Los Abetos acollerá o I Torneo de Waterpolo organizado polo Náutico de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF
waterpolo-0051

Dende o venres 4 ao domingo 6 de xullo terá lugar un torneo de waterpolo organizado polo Real Club Náutico de Vigo nas instalacións de Los Abetos (Nigrán). Participarán equipos galegos, portugueses e madrileños nun total de 8 equipos que na piscina descuberta do centro hostaleiro intentarán acadar o trofeo. A competición disputarase en dúas categorías, xuvenís (1996-1999) e infantil (2000 a 2003).

Haberá un torneo de categoría xuvenil (96 a 99) e un torneo infantil (00 a 03) con 8 equipos en cada un, repartidos en dous grupos de 4 que xogarán unha liguilla da que sairán os cruces das finais polos postos do 1º ao 8º.
Na categoría xuvenil participarán deportistas do CW Santiago, RCN Vigo A, CM Ferrol, CN Coruña, RCN Vigo B, CDN Boadilla e o CW Galaico Pontevedra A e B.
Na categoría infantil están inscritos equipos da Asociación Coruñesa, CM Ferrol, CN Coruña, Vitoria Sport Club Guimaraes, RCN Vigo, CDN Boadilla e CW Santiago e o CW Galaico Pontevedra.