Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Gondomar: Escolares gozan dunha xornada de tenis e recollen máis de 100 quilos de alimentos.

Gondomar: Escolares gozan dunha xornada de tenis e recollen máis de 100 quilos de alimentos.

Correo-e Imprimir PDF
tenis benefico

A pesar das dúbidas sobre a meteoroloxía, o pasado sábado tivo lugar o VI Torneo Escolar Benéfico de Tenis, organizado polo Concello, a través da Concellaría de Deportes e en colaboración co Club de Tenis Gondomar. A competición desenvolveuse nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe e no Pavillón Municipal de Deportes dende 09.30 horas ata as 13.30 horas.


A competición, que congregou aproximadamente 90 participantes, abrangueu as categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete nas que resultaron gañadores: Igor Álvarez, Héctor González, Víctor Estévez, Juan Martínez e Adán Gil, respectivamente. Ao final da xornada, Fernando Guitián, alcalde do municipio, acompañado por Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes e Patricia Durán, concelleira de Benestar Social fixeron entrega dos trofeos, e para que ninguén se fose coas mans baleiras sorteáronse regalos entre todos os participantes.
O único requisito para participar neste torneo foi o de contribuír cunha achega de alimentos non perecedoiros que se repartirán entre as familias necesitadas do municipio dende a Concellaría de Benestar Social. Os socios debían achegar 1 quilo de alimentos, mentres que os non socios deberon colaborar con dous quilos.
Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes e Patricia Durán, responsable de Benestar Social agradecen a participación e colaboración de todos os veciños na xornada, grazas a quen se conseguiron xuntar máis de 100 quilos de comida. "Queremos agradecer o esforzo e colaboración de todos aqueles que de forma desinteresada fixeron posible que este evento benéfico se leve a cabo un ano máis co obxectivo de axudar ás familias máis necesitadas do municipio, sen esquecer, tampouco a grande labor de patrocinadores e colaboradores"