Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Tres rapazas do C.T. Gondomar na final da Liga Galega de Tenis Infantil de Primeira. #Deporte

Tres rapazas do C.T. Gondomar na final da Liga Galega de Tenis Infantil de Primeira. #Deporte

Correo-e Imprimir PDF
equipo-infantil-femenino

-Antía San Juan, Julieta Bancoff e Alexandra de Saa representarán ao Club de Tenis Gondomar na final contra o Club Tenis Coruña o vindeiro 8 de marzo ás 10 da mañá nas pistas abertas do IES Auga da Laxe.

Tras gañar ao Casino Ferrolano as semifinais por 4 - 0, as rapazas do equipo infantil feminino do Club de Tenis Gondomar preparan a final do torneo baixo as ordes do adestrador Juan Antonio Freitas Fernández.
A final está prevista para o vindeiro sábado 8 de marzo ás 10 horas nas instalacións da pista aberta do IES Auga da Laxe.