Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O atleta gondomareño, Brais Misa, anuncia a súa participación na I Carreira Popular en O Galiñeiro

O atleta gondomareño, Brais Misa, anuncia a súa participación na I Carreira Popular en O Galiñeiro

Correo-e Imprimir PDF
charla-Brais-Misa

-Así o adiantou o deportista na charla que ofreceu na tarde do venres no Centro Neural de Gondomar

-A I Carreira Popular en O Galiñeiro terá lugar o próximo domingo 4 de agosto

-O prazo de inscrición para participar na proba finaliza o xoves 1 de agosto

O Centro Neural do municipio acolleu na tarde do venres, a charla que o atleta local, Brais Misa, ofreceu con motivo da súa próxima participación na I Carreira Popular en O Galiñeiro e na que desvelou o seu próximo obxectivo: o campionato do mundo de Xterra Maui 2013, que se celebrará o próximo 27 de outubro na illa de Maui, Hawaii. Este será o primeiro triatlón do mundo off-road, e constará de 1500 metros de natación en augas abertas, 30'4 km de bicicleta de montaña e finalmente 10 km de trail.

Ao acto tamén acudiron corredores da Sociedade Atlética Val Miñor, club no que se iniciou o atleta gondomareño.

I Carreira Popular en O Galiñeiro

Durante a charla, ademais de compartir co público as súas vivencias como deportista, o triatleta avanzou que participará na I Carreira Popular en O Galiñeiro, organizada pola Agrupación Deportiva Vincios en colaboración co Concello de Gondomar.

A proba, que se disputará o próximo 4 de agosto, contará con 12 km de percorrido. Paralelamente, tamén se levará a cabo a I Mini Carreira Popular, esta de 6,7 km. Ambas as dúas desenvolveranse por asfalto e terra e terán como saída e meta o Merendeiro da Serra do Galiñeiro en Vincios.

Inscricións á carreira.

O prazo de inscrición finalizará o próximo xoves día 1 e a cota será de 9 € +1 € por aluguer do chip. As nais e pais participantes poderán deixar os seus fillos no Servizo de Gardaría que a organización poñerá a súa disposición para facilitar, deste xeito, a participación na competición.

Ademais destas dúas carreiras, tamén haberá distintas probas deportivas para as categorías menores, na zona do Merendeiro do Galiñeiro cuxas inscricións serán gratuítas.

Entre os obxectivos desta I Carreira Popular en O Galiñeiro encóntrase, ademais do fomento do deporte na zona, o desexo de realizar unha acción social coa recollida de produtos non perecedoiros, que voluntariamente poderán achegar os atletas e público en xeral.

Brais Misa

Brais Misa, de 24 anos, comezou a practicar atletismo aos dez anos uníndose á Sociedade Atlética Val Miñor. Enxeñeiro técnico forestal pola Universidade de Vigo, sempre compaxinou os seus estudos coa súa afección polo deporte. Dende o ano 2011 forma parte do Club Triatomix Mbikes Granada Club, cidade na que actualmente estuda Ciencias Ambientais.

Entre os seus logros atópanse:

-              Sub Campeón Nacional de Xterra España 2013

-              3º I Triatlón Cross Playa de Mojacar 2013

-              Subcampeón de España de Duatlón 2013

-              3º absoluto en el Circuito Andaluz de Duatlón 2013

-              Podium en tres pruebas del Circuito Andaluz de Duatlón 2013

-              Integrante del equipo campeón del circuito de Duatlón 2013

-              Subcampeón del XII Triatlón Ciudad de Pontevedra 2012