A xornada congregou a 500 nenos e nenas e entre 5 e 18 anos, das escolas municipais de Cangas, Moaña, Bueu, Nigrán e Gondomar o domingo pasado na Xuntanza Provincial de Patinaxe Artístico que tivo lugar no Pavillón Municipal de Panxón.
Ademais das participacións das respectivas escolas, a tarde contou coas actuacións dos clubs Ánfora de Cangas e o Carpa de Vigo que realizaron unha exhibición de patinaxe artístico en estilo libre.
Como broche final, todos os participantes recibiron uns diplomas certificando a súa participación na xornada.