Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Últimos días para inscribirse no XIII Memorial Manuel Barros de Atletismo

Últimos días para inscribirse no XIII Memorial Manuel Barros de Atletismo

Correo-e Imprimir PDF
ManuelBarros21

-O prazo remata o vindeiro martes, día 21, ás 20.00 horas

-As inscricións desde Xuvenís ata Veteráns realizaranse a través das web www.championchipnorte.com

- Nas categorías menores farase a través da web www.atletismovalmiñor.com, do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou do fax 986 360 305

A Sociedade Atlética Val Miñor e mais o Concello de Gondomar, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Vigo) , organizan o día 26 de maio o XIII Memorial

Manuel barros de Atletismo en ruta que dará comezo ás 10.00 horas.O prazo de inscrición remata o vindeiro martes día 21, ás 20.00 horas.

Na carreira absoluta (de Xuvenís ata Veteráns), a inscrición farase a través da páxina web www.championchipnorte.com. O prezo da inscrición será de 5 euros.

Nas categorías menores realizarase a través do mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , da web: www.atletismovalmiñor.com, ou do fax número 986 360 305. As categorías menores non pagarán cota de inscrición.

Poderán participar todas as persoas que o desexen, estean federadas ou non, con excepción dos atletas estranxeiros federados no seu país, salvo os portugueses que non foran internacionais co seu país nos derradeiros 5 anos.