Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Baloncesto para todos no Torneo 3x3 no Club de Baloncesto Airexa Nigrán.

Baloncesto para todos no Torneo 3x3 no Club de Baloncesto Airexa Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
deporte-basket

Esta fin de semana ninguén vai quedar coas gañas de facer "dobres" ou arriscar un "triple". O Club de Baloncesto Airexa Nigrán abre inscricións para participar do Torneo 3x3 a celebrarse o vindeiro venres 17 e sábado 18 de agosto no Pavillón de Deportes Municipal de Panxón. Os xogos admitirán equipos masculinos e femininos a partir dos 13 anos e tamén mixtos na categoría Sénior.

 

O venres 17 se desenvolverá o torneo feminino, e o 18 será a quenda para os equipos masculinos e mixtos segundo informou Javier Iglesias, presidente da institución organizadora. As bases do torneo e as fichas de inscrición están dispoñibles para descargar no portal do Club Baloncesto Airexa Nigrán.

 

 

Data:

1. VENRES DIA 17: para o torneo feminino.

2. SABADO DIA 18: para masculino e mixto.

CATEGORIAS:

- Infantil, Cadete, Junior e Sénior.

-Os equipos mixtos só serán en categoría sénior.

PREZOS:

-Categoría sénior: 8 euros por xogador/ra.

-Categoría infantil, cadete e júnior: 5 euros por xogador/ra.

-O pago farase antes de comezar o torneo á organización

INSCRIPCIÒN:

-Mandar por mail a folla de inscrición adxunta, na que se indiquen a categoría, compoñentes do equipo, datas de nacemento, nome do equipo, nome do capitán e teléfono de contacto.