Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A baionesa Mireya Represa, subcampioa de España de Xadrez

A baionesa Mireya Represa, subcampioa de España de Xadrez

Correo-e Imprimir PDF
Mireya Represa acada o subcampionato español de xadrez na categoría infantil

A xogadora do Club de Xadrez Laroca de Nigrán, Mireya Represa Pérez, ven de acadar o título de subcampioa de España de Xadrez na categoria alevin no campionato de España que desenvolveuse no hotel Best Western en Salobreña (Granada) o pasado 2 de Xullo.

Mireya ven de acadar o seu tercer podium consecutivo tralos títulos de campioa de España benxamin nos anos 2010 e 2011. Ase mesmo, conquistou o 9ª posto na clasificación xeral mixta.

O campionato decidiuse na 9ª e derradeira rolda na que dúas xogadoras (Cristina Cabrera e Mireya Represa), separadas por medio punto, disputáronse o campionato. Mireya, loitando con pezas brancas contra o numero 1 de Galicia dende a 7ª mesa foi quen de vencer. Sen embargo, Cristina tambén vencía cunha fermosa combinación e acadaba o campionato e o 7º lugar na xeral mixta.

Mireya afincada na parroquia de Sabaris, empezou a xogar o xadrez os 6 anos nas actividades extraescolares do seu colexio. En 2008 entra a formar parte do Club de Xadrez Laroca de Nigrán que realiza unha actividade para todo o Val Miñor. 

Entre o palmarés de Mireya destaca como Campioa Galega en 2009, 2010, 2011 e 2012; Campioa de España no 2011 e 2012, así com un recoñecido 7º posto no campionado Europeo na categoría benxamín. Formando parte dos grupos de tecnificación das Federacións Galega e Española de xadrez.