Mércores, 8 Apr. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes Inaugurado en Nigrán o I Torneo de Pádel Solidario co colectivo de persoas con parálise cerebral.

Inaugurado en Nigrán o I Torneo de Pádel Solidario co colectivo de persoas con parálise cerebral.

Correo-e Imprimir PDF
torneo-paralise-cerebral2-n
torneo-paralise-cerebral-ni
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-Un total de 200 parellas competirán ao longo da semana nesta iniciativa deportiva e solidaria organizada por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebal) en colaboración co Concello de Nigrán e o R.C. Náutico de Vigo.

 

A sede do R.C. Náutico de Vigo en Nigrán foi o escenario do acto de inauguración do I Torneo de Pádel Solidario pola parálise cerebral que se celebrará ao longo desta semana. Un total de 400 persoas inscribíronse no torneo solidario, o que supón en palabras de Jaime Barral, xerente das instalacións e director do campionato, un éxito de participación sen precedentes nunha competición dunha semana de duración.

O acto inaugural contou coa presenza de Alberto Valverde, alcalde de Nigrán; Concepción Somoza, presidenta de ASPACE-Galicia; Franco Cobas, presidente do R.C. Náutico de Vigo, Liliana Silva, concelleira de Turismo, Cultura e Deportes de Nigrán; María del Carmen Alonso-Macías, concelleira de Benestar Social de Nigrán; que estiveron acompañados por representantes das institucións e empresas colaboradoras deste evento deportivo e solidario.

Ademais a inauguración contou coa participación de Aleix Lores, vocalista do grupo vigués Ragdog, e José Luís Abadín; piloto galego de FIA Fórmula Two, que actuaron como padriños do torneo e que foron os encargados, xunto co alcalde de Nigrán e o director do torneo, de inaugurar a competición disputando o primeiro dous partidos.

O torneo ten como finalidade recadar fondos para financiar os programas e servizos que ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) vén desenvolvendo desde 1999 en beneficio do colectivo de persoas con parálises cerebral de Galicia e as súas familias.