Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Chega a XXIV Festa da bicicleta do Val Miñor.

Chega a XXIV Festa da bicicleta do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
CALLES-TOMADAS

Os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán serán este sábado 26 de maio o escenario da XXIV edición da Festa da bicicleta do Val Miñor. O evento percorrerá os tres concellos miñoranos e como é tradicional a convocatoria é aberta a tódolos amantes do ciclismo.

 

Os ciclistas deberán de xeito obrigatorio presentarse con casco e ser maiores de 8 anos para participar da proba. En tódolos casos a organización recomenda que os participantes sexan capaces de levar un ritmo de pelotón acorde a cada circuíto establecido.

Puntos de saída.

As 10 horas da mañá do sábado concentraranse os de Baiona no Parque da Palma, os de Gondomar no Pavillón Municipal de Deportes e os de Nigrán na explanada de Praia América. Neses puntos serán inscritos e se entregarán os dorsais para a volta. En todo os casos a partida será ás 11 horas.

Percorridos de cada concello.

En Baiona e partindo do Parque da Palma desenvolverase un circuíto ata A Ramallosa ida e volta. No caso de Gondomar, partido do Pavillón recorrerán o tramo Gondomar - Baiona ida e volta. Os participantes en saen de Nigrán, desenvolverán unha ruta ata Baiona, tamén ida e volta.

Xogos na Palma para os máis pequenos.

Os menores de 8 anos poderán participar dun conxunto de actividades lúdicas que organizará o Club Ciclista Rías Baixas no Parque da Palma a partir das 10:30 horas.

Organización.

A XXIV Festa da bicicleta do Val Miñor, está organizada polos tres concellos miñornaos, a través das súas concellarías de Deporte. Na xornada do sábado terá lugar unha coordinación das respectivas policías locais para a seguridade da proba. Colaboran neste evento o Club Ciclista Rías Baixa e a Deputación de Pontevedra.