Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Fernando Silva e J. J. Neves listos para o Rally Comarca de Ulloa

Fernando Silva e J. J. Neves listos para o Rally Comarca de Ulloa

Correo-e Imprimir PDF
equipo-bmw

Este fin de semana dispútase en terras da Ulloa o V Rally Comarca da Ulloa, onde o equipo do BMW M3 formado por Fernando Silva e J. J. Neves estarán na saída do mesmo.

 

Tras a mala fortuna tanto no Rally do Cocido, que abandonaban por accidente e no pasado Rally Rota do Folar que abandonaban por avaría mecánica, o equipo volve con ganas de pasalo ben e facelo o mellor posible.

Este fin de semana rodábase o motor recentemente feito na Subida a Oia, onde o coche respondeu moi ben, cabe destacar que abandonaría na última manga por problemas cun palier.

Tal e como nos contaba o copiloto Neves "logo da mala sorte que tivemos nos dous últimos rallys disputados, Cocido e Rota do Folar, saímos ao Ulloa coa única intención de pasalo ben, facer gozar ao público e o máis importante, chegar ao parque nunpechado final, ao coche fíxoselle outra vez o motor, tras a rotura do Rota do Folar, foi probado este fin de semana en Oia por Fernando e todo parece funcionar ben, as asistencias seguirán a cargo do noso preparador Puskas Racing".

O equipo competirá dentro da Copa Pirelli Top Ten co dorsal Nº 18 nas súas portas.

 

Horarios V Rally Comarca de Ulloa

Tramo

Lonxitude (km.)

1ª Pasada

2º Pasada

Pol.Ind. Monterroso

1,300

21:03

 

A Peneda

11,300

8:48

11:53

Palas de Rei

11,300

9:36

12:41

Monterroso

10,600

16:53

19:03

Lalín

13,400

17:36

19:46