Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Pavillón Municipal de Deportes de Panxón acollerá o I Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

O Pavillón Municipal de Deportes de Panxón acollerá o I Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

Correo-e Imprimir PDF
5-diseno-ajedrez[1]

-O Club de Xadrez Laroca organiza esta proba inscrita no VII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2012.

 

O vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, o Club de Xadrez Laroca, coa colaboración do Concello de Nigrán, celebrará o I Torneo Dani da Rocha Prol no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón. Esta proba, inscrita no VII Circuíto Galego de Xadrez Promoción 2012, contará con catro categorías; benxamín, alevín, infantil e cadete, e co sistema de xogo suízo, a seis roldas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto até o vindeiro 15 de maio, na Web http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com.es, no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 667 503 572. A inscrición será gratuíta, e todos os participantes terán un agasallo, ademais de participar no sorteo de dous Nintendo 3DS, unha bicicleta e moitas máis sorpresas.