Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Nigrán acollerá a terceira xornada da Liga Galega de Horseball

Nigrán acollerá a terceira xornada da Liga Galega de Horseball

Correo-e Imprimir PDF
horseball

-A competición terá lugar o vindeiro domingo 22 de abril no parque empresarial Porto do Molle.

 

O vindeiro domingo 22 de abril Nigrán acollerá a terceira xornada da Liga Galega de Horseball da tempada. A proba, que se desenvolverá na contorna do parque empresarial Porto do Molle entre as 12.00 e as 16.30 horas, acollerá a doce equipos procedentes das provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra. Os partidos teñen unha duración total de 20 minutos, cun descanso de tres minutos entre o primeiro e o segundo tempo.

A competición estrutúrase en catro tres categorías, 1ª, 2ª e cadetes. Na categoría maior o club vigués La Muralla disputarase co Cex de Santa Comba o primeiro posto da liga, un encontro que se augura apaixonante, xa que os equipos atópanse no ecuador da competición. Cabaleiros do Salnés (Portas), Cabaleiros de Deza (Lalín), Vigo Mundil (Ourense) e Breogán (A Coruña) completan o cadro de clubs participantes.