Mércores, 8 Apr. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes A Concellería de Deportes de Gondomar abre prazo de matrículas para as escolas deportivas 2011-2012.

A Concellería de Deportes de Gondomar abre prazo de matrículas para as escolas deportivas 2011-2012.

Correo-e Imprimir PDF
deporte

A partir do 15 de setembro, as oficinas do Pavillón de Deportes de Gondomar, estarán abertas de luns a venres, en horario de 10:00 a 12:00 h. , e 17:00 a 21:00 h. , para acoller as matrículas das escolas deportivas municipais para o curso 2011-2012. Este ano as actividades, como novidade, ábrese a posibilidade de que os mais cativos poidan acceder tamén as escolas municipais na actividade denominada “Iniciación ao deporte”. A oferta tamén contempla o tenis de mesa, taekwondo, ximnasia de mantemento, patinaxe artística, atletismo, piragüismo e tenis.

“Esta actividade vai dirixida a nenos a partir dos catro anos, que aínda son demasiado novos para inscribirse nunha modalidade concreta, e deste xeito teñen a oportunidade de familiarizarse coa practica do deporte de forma mais divertida e variada” sinala a concelleira de Deportes Natalia Salgueiro.

Tamén pódese sinalar como nova actividade a “Escola Multideporte”. Esta modalidade, dirixida a nenos de entre os 7 e os 18 anos, englobará diferentes actividades deportivas, "dando resposta así a demanda exposta pola veciñanza", afirma Salgueiro.