Mércores, 8 Apr. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes Nigrán abre inscricións para actividades culturais e deportivas 2011 – 2012.

Nigrán abre inscricións para actividades culturais e deportivas 2011 – 2012.

Correo-e Imprimir PDF
oficina_turismo_nigran

O Concello de Nigrán abre o próximo luns 12 de setembro o prazo de inscrición para as actividades municipais culturais, mentres que as deportivas se abrirá o luns 19 do mesmo mes. No caso das culturais, as solicitudes de inscrición deberán recollerse na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, entre las 10.00 e as 14.00 e as 16.00 e as 20.00 horas. O prazo de inscrición se considerará cerrado unha vez chea as prazas previstas para cada actividade e grupo.

As clases se desenvolverán entre outubro de 2011 e maio de 2012, igualando as horas de todas as actividades a dous horas semanais. Ademais, se rexerán polo calendario escolar en relación aos días festivos e ás vacacións. As escolas van dirixidas a nenos e nenas nados no 2006 e anos anteriores, e o resto das actividades a aqueles nados en 1995 e anteriores.

O custe tanto para las actividades culturais como as deportivas é de 70 euros para a matrícula ordinaria e 52,50 euros no caso de familia numerosa. Para formalizar a matrícula, deberá adxuntarse ao impreso cumprimentado una fotografía tamaño carné.

Prazas actividades culturais

A pintura para menores terá un máximo de 12 prazas,a actividade dirixida aos maiores tamén 12 prazas por grupo, con un máximo de 36 en total. A cerámica se limitará a un total de 34, 17 por grupo, e o torno a 12 prazas. A música contará cun máximo de 42 prazas, sete por cada grupo.

Actividades deportivas

As solicitudes de inscrición para as actividades deportivas municipais se poderán realizar a partir do próximo luns 19 de setembro no Pavillón Polideportivo Municipal entre as 17.00 e as 21.00 horas, de luns a venres. Os horarios e datas dos cursos específicos de cada actividade –aerobic, tenis, yoga, tai-chi, ximnasia para a terceira idade e ximnasia de mantemento- se especifican nas fichas de inscrición.