Mércores, 8 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Premios Nano Cambeiro de Xornalismo

Premios Nano Cambeiro de Xornalismo

Correo-e Imprimir PDF

O xornalista baionés David Reinero González recibe o Premio Nano Cambeiro de xornalismo. O premio consiste nunha escultura de Fernando Casás

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo.

Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución en agosto, mes  no que se cumpre o cuarto aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.

Nesta Terceira Edición, o premio concedéuselle a DAVID REINERO GONZ�LEZ un mozo xornalista miñorano polo seu artigo Cando Praia América tiña mil nomes publicado no xornal Atlántico Diario o luns 23 de febreiro de 2004. No mesmo faise unha achega a toponimia do areal nigranés en perigo de desaparición, víctima da exótica e simple denominación de Praia América, tal e como lle aconteceu a maior parte do que fora maior areal e complexo dunar da ría de Vigo soterrado baixo toneladas de formigón e asfalto.

O premio, sen dotación económica, consiste nunha peza de bronce obra do escultor e membro do Instituto de Estudos Miñoranos FERNANDO CAS�S, que se funde para entregar en cada convocatoria. A obra escultórica será entregada ao premiado nun acto público a realizar nos meses que restan deste ano 2005.

A Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos quere sinalar especialmente que nesta ocasión o premiado é un xornalista mozo que une o seu nome ao dos escritores consagrados dos anos anteriores: Xosé Luís Méndez Ferrín e Francisco Fernández del Riego.

A Xunta de Goberno do IEM acordou tamén convocar o Cuarto Premio de Xornalismo â??Nano Cambeiroâ?? para artigos publicados ao longo do ano 2005, segundo as bases adxuntas e que se reproduciran integramente na Revista de Estudos Miñoranos que se publicará ao longo do mes de outubro.

http://www.minhor.org/

Bases do concurso


Cando Praia América tiña mil nomes
David Reinero González

Houbo un tempo no que as xentes tiñan memoria e os lugares eran en plural. Un tempo no que cada regato, cada carreiro, cada veiga, chamábase segundo a súa particularidade. Naquel tempo, o que hoxe coñecemos como Praia América pola gracia de Manuel Lemos tiña mil nomes, catro casas e un cento de veciños. Hoxe, logo de máis de setenta anos, a maioría deles están a piques de ser esquecidos.

Alá no sur, ós pés da península homónima, a area chamábase Lourido. Alí onde está a farmacia, estaba a tenda de Pura â??A Portelaâ??. Alí, igual que agora, tocaban os grupos nas festas da Virxe do Carme. Logo, os músicos ficaban a durmir un pouco máis ó norte, nos baixos dos poucos chalés dos â??ricos madrileñosâ?? que comezaban a construírse. Cara ó interior, a praia chegaba ata a zona coñecida como Area, estendéndose por detrás do â??restaurante de Angelitoâ??. Unhas poucas casas, máis labregas que mariñeiras, salpicaban a paisaxe.

Na metade da praia, en Canido (o outro, non o vigués) segue a desembocar o río Muíños, tamén  coñecido como do Matadoiro, que se metía aínda entre dunas ata a zona da Alberca, onde as mozas lavaban a roupa. Nese lugar en que antes se branquexaban as sabas na corrente doce do regato, hoxe unha depuradora limpa a propia auga.

Por alí non había camiños, todo eran ondas de area que se esparexían ata o que aínda se coñece como Dunas de Gaifar. Para poder camiñar con comodidade había que acercarse ata as vías do tranvía, esas que cubre o asfalto da â??Carretera da Víaâ?? a Baiona, case na zona das Rans, onde xa a area comezaba a deixar paso ás leiras e ó monte do Viso e de Mallón.

Pero volvendo ó norte, en Gaifar, as ondas de area tornábanse auténticas montañas de varios metros de altura polas que nenos e nenas se tiraban a rebolos ou montados en follas de pita a xeito de â??trineosâ??. Alí, na beira do â??mar de Baionaâ??, unha ringleira de casas de pescadores continuaba ata a zona en que a praia se chamaba xa San Xoán, onde a leve curva do areal de Lourido se pecha nunha pequena abra, ós pés do Castro, en Panxón. E sobre a area na que hoxe, cada verán, se cravan centos de parasoles, descansaban as gamelas dun porto que nin tan sequera tiña rampla, pero do que saían barcos a carbón, como o â??Canurrioâ?? ou o â??Monte Aloiaâ??, a vender en Baiona toneladas de sardiñas da baía. Eran os tempos en que se vendían as sardiñas e se comían as cadeluchas ou os ourizos. As primeiras, especie case que exclusiva da zona, porque había dabondo en toda a praia para abastecer a un exército de famentos. Os segundos, de Patos, porque eran a comida dos pobres. Hoxe, as cadeluchas escasean coa contaminación e os ourizos son manxar de ricos.

O prócer

Poucos recordan xa eses nomes, condenados a desaparecer coa memoria dos máis vellos, pechados en poeirentos libros de toponimia ou en anacrónicos mapas do catastro. Hoxe a praia é Praia América, o nome co que a empezou a chamar en 1927 Manuel Lemos, nado na Ramallosa e emigrado con sete anos  á Arxentina. Prócer dos de antes, volveu á súa terra para gastarse aquí a fortuna en proxectos tan pouco comprendidos no seu tempo como as Escolas Proval, o mercado da Ramallosa ou o seu gran balneario turístico de Galicia, ó que lle puxo â??Praia Américaâ??.

No areal da súa terra miñorana principiou a construír a finais dos anos 20 do século pasado unha serie de chalés que logo vendeu sen beneficio ningún. Eran casas como â??Villa Hermosaâ??, ou como os chalés construídos polo porriñés Antonio Palacios a principios dos anos trinta ó tempo que se levantaba en Panxón o seu Templo Votivo do Mar.

Rosita, hoxe en Vilameán, naceu en Area e viviu moitos anos en Canido. Daqueles tempos lembra como chegaban os turistas no verán ou â??un señor de Madrid que paraba no â??Quirosnoâ?? e que tivo que marchar porque dicía que o ruído do mar non o deixaba durmirâ??. Nos anos trinta e corenta, pola â??carretera generalâ?? de Vigo a Baiona â??a penas pasaban vinte coches ó día e poucos baixaban ata a praiaâ??, traen á memoria os veciños. Ese non era terreo para os motores, senón para os carros de bois que recollían o argazo que serviría de esterco. Os mesmos bois que axudaban a pescar ó arrastre dende a praia, como recorda Francisco, que andou no mar de neno antes de ser o caseiro en Canido dun chalé con finca duns señores de Vigo.

Desa época queda un busto de indiano ergueito sobre a inscrición â??Manuel L. Lemos. 1875-1946â??. De Palacios, dúas obras de arte en forma de chalés. América aínda coexistía pacificamente con Lourido, Canido e Panxón.

 O formigón

O formigón veu a substituír á pedra do arquitecto porriñés e os poucos chalés comezaron a ser máis. As estradas melloraron e chegaron á beira do mar. Bernardo Vázquez, o alcalde que levantou a actual casa do Concello de Nigrán, emprendeu a urbanización de Gaifar. As dunas foron pouco a pouco cubertas por rúas. Logo, xa nos oitenta, chegarían á zona o centro de saúde, o pavillón dos deportes e os edificios de apartamentos. A area orixinal tan só aparece xa baixo as zonas das randeeiras que civilizaron os rebolos dos nenos. Ou ó redor das pistas de tenis que antes ocupaban un mar de cardos, especie en perigo de extinción en toda Praia América.

Hoxe, cando o tempo da memoria esvaece, o areal máis importante da ría de Vigo é unha estreita lingua de area, abafada polo asfalto e os edificios, que cada domingo de inverno e todos os días do verán percorren milleiros de vigueses e ourensáns na busca dun raio de sol. Ese visitante de fóra, que co seu diñeiro fixo progresar unha vila pobre converténdoa nun dos principais atractivos turísticos de Galicia, mira con curiosidade as barras metálicas que flanquean as portas dos edificios na primeira liña de praia de Panxón. Poucos saben que serven para atravesar táboas nelas e parar así a forza das tempestades. Porque, de cando en vez, o mar volve a carón da súa area. Ese mar que non deixaba durmir co ruído ó señor de Madrid, toma o que é del, entra embravecido nas noites de inverno e leva por diante paseos de pedra levantados onde non deberan.