Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Asociación San Vicente bota andar a II Mostra de Teatro afeccionado “Mañufe Levanta o Telón”.

A Asociación San Vicente bota andar a II Mostra de Teatro afeccionado “Mañufe Levanta o Telón”.

Correo-e Imprimir PDF
centro-cultural-manhufe

A mostra de teatro afeccionado “Mañufe Levanta o Telón” bota andar dende este sábado 3 de outubro até finais de mes, na que será a súa segunda edición organizada pola Asociación Cultural San Vicente.

 Nesta, o encontro teatral permitirá asistir aos últimos traballos escénicos dos grupos independentes das parroquias de Borreiros, Valadares, Matamá, Beade e da anfitrioa “Xente daquí e dacolá”, que presentará obras das formacións infantís e adultos.

A mostra dará comezo este sábado ás 22 horas con Doutor de Cabeceira, obra que porá en escena o grupo Xesta Vermella de Borreiros.

Continuará o sábado 10 con Exposición de catro mementos do grupo Escoitade de Valadares. O día 17 dende Matamá o Teatro Atlántida presentará Falando de Cartos; e o sábado 24 será a quenda de Tarantela de Beade con O achado do castro.

O domingo 25 de outubro o festival de teatro achegará A consulta do doutor Melquíades  a cargo do grupo infantil da agrupación Xente daquí e dacolá, anfitrioa da mostra.

Finalmente o sábado 31 de agosto, a obra O testamento do Tío Naxo interpretado por Xente daquí e dacolá levantará por última vez o telón do Centro Cultural de Mañufe para esta mostra. Xornada que rematará cunha festa de Samaín.