Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Feira Imaxinaria fica no Val Miñor na súa VI edición.

A Feira Imaxinaria fica no Val Miñor na súa VI edición.

Correo-e Imprimir PDF
ORGANIZACION FI2015
Download this file (Fi2015.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A FEIRA IMAXINARIA chega á súa sexta edición acollendo a persoas e organizacións autónomas conectadas en todo o territorio rexional da Galiza e o Norte de Portugal.
Como cada ano discorre no espazo vigués do Alg-aLab (Valadares) e se suma nesta edición o espazo nigranés da Casa Colorida.

O encontro terá como fin acoller a "persoas, colectivos e proxectos que se van encontrar arredor de vivencias, acampada, xantares, rodas de conversas, debates, festa, mostra cultural e artes interactivas, escénica, musical, audiovisual, obradoiros, e mercado de autoedición editorial"-.

Engaden que todas estas iniciativas desenvolveranse no ámbito da "Cultura Libre" e nun encontro que da cabida cabida ás temáticas e problemáticas nas que se envolve a cultura no S.XXI; "que aporta a Sociedade da Información, os novos media, os entornos dixitais de interacción e participación á xestión e re-produción das culturas. ¿Podemos ir alén dun capitalismo destes medios cara unha reapropiación social dos mesmos e un empoderamento dos pobos e as súas memorias singulares?"

Adxúntase programa cos accesos ás diversas actividades.

Attachments:
File
FI2015