Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Teatro lusófono e música lírica na carteleira cultural da fin de semana en Gondomar.

Teatro lusófono e música lírica na carteleira cultural da fin de semana en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
l tobio

-A Concellaría de Cultura de Gondomar presenta para esta fin de semana unha xeitosa axenda cultural coa posta en escena do teatro de Jorge Amado pola compañía portuguesa Fafe Cidade das Artes e un concerto da soprano cubana Dania D’Alfonso.

Sábado no teatro.

A compañía portuguesa Fafe Cidade das Artes trae a Gondomar o espectáculo O Gato Malhado e  Andorinha Sinha, unha peza inspirada no pequeno romance escrito en 1948 polo autor brasileiro, Jorge Amado. A fábula narra o amor imposible entre un gato solitario e malhumorado e unha moza e xentil andoriña. A cita terá lugar no Auditorio Lois Tobío, o sábado 9, ás 22.00 horas. O prezo da entrada será de 3.50 euros.

Domingo lírico.

O fin de semana remata co concerto da soprano Dania D’Alfonso. En Luce dell’aria, a soprano de nacionalidade cubana e española e residente desde o 2000 en Galicia, interpretará un repertorio moi escollido de distintas arias de ópera de difícil execución, baixo a dirección do mestre José P. e co acompañamento da pianista Xiara.

Será o domingo, 10 de novembro ás 20.00 horas, no Auditorio Lois Tobío. Prezo por entrada: 5 euros.