Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O IEM rende homenaxe a Rosalía de Castro

O IEM rende homenaxe a Rosalía de Castro

Correo-e Imprimir PDF
Cartel--A-Rosalia

Para honrar a memoria da poeta nacional neste ano no que se cumpre o sesquicentenario da publicación do seu primeiro poemario en galego, o Instituo de Estudos Miñoranos organiza unha fin de semana de homenaxe a Rosalía de Castro

“A ROSALÍA”

A primeira, titulada A ROSALÍA, terá lugar o venres, 18 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar. Un espectáculo literario-musical no que se entrecruzarán recitados de poemas rosalianos con interpretacións musicais cuxa letra pertence tamén a Rosalía de Castro. O acto contará coa participación do escritor Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e a intervención dos grupos musicais: 2naFronteira, Son do Val, Kogito-Ska feito na Galiza, Conservatorio de Música do Concello de Gondomar, Xardín Desordenado e o Coro Tradicional Cantares do Brión. Conducirán o acto Marta Dacosta e Rexina Vega. Entrada libre ata completar aforo.

“XANTAR ROSALIANO”

A segunda, XANTAR ROSALIANO, consiste en degustar, a mesa e mantel, diversos pratos cuxa referencia ou descrición figura na obra da poeta santiaguesa. O menú consistirá en Boliños de pote, Patacas asadas con sal e vinagre, Callos con garavanzos, Cunca de caldo con verzas, Castañas asadas, viño quente con azucre, augas, refrescos, viño tinto e branco do Ribeiro (adega Aurea Lux de Esposende), café e Resolio (groliños de auga ardente de herbas con anís e canela). Os pratos estarás acompañados de Pan de Trigo do Porriño e Pan de Millo.

O encontro terá como anfitrión o historiador Xavier Castro, que abrirá o acto cunha conferencia sobre a gastronomía na obra de Rosalía.

A asistencia a este acto é limitada e cómpre facer reserva de praza antes do xoves 17 de outubro ás 21:30 horas a través dos teléfonos 608266084 e 986360575 (de luns a venres de 18 a 22 horas), ou polo correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . O prezo é de 30€.