Un grupo de alumnos e profesores do IES Auga da Laxe de Gondomar viaxará a Italia ca fin de participar no terceiro encontro do Proxecto Comenius "Little steps for a healthier world" (“Pequenos pasos cara a un mundo máis saudable”). O evento congregará na cidade de Palermo a centros educativos de varios países ca fin de reforzar a dimensión europea do ensino. As actividades na que participarán os estudantes gondomareños terá lugar entre os días 13 ó 18 de outubro e forma parte das actividades do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (APEE).
Segundo informan as autoridades do instituto, no pasado curso 2012/2013 comezou o proxecto Comenius de dous anos con outros centros de Turquía, Polonia e Italia, dos que xa tiveron dous encontros. O primeiro en Polonia dende o 26 de novembro ata o día 1 de decembro e o segundo en Gondomar, a semana do 8 ó 12 de abril.
Esta parada en Palermo (Italia) permitirá a profesores e alumnos do instituto participar das actividades preparadas polos compañeiros de Italia. Convite ao que tamén asistirán os centros de Polonia e Turquía xa vinculados nas anteriores xornadas
Quen era Comenius?
Comenius é o nome latino de Jan Komensky (1592-1670), teólogo, filósofo e pedagogo nado en Moravia, actual República Checa, que participou nas reformas educativas de varios países europeos (Moravia, Polonia, Suecia, Inglaterra). Considéraselle un dos fundadores da pedagoxía moderna e é coñecido polos seus principios educativos desenvolvidos en A didáctica magna (1626-1632), na que sinala o seu concepto do ensino: “Ensinar todo a todos”.