Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Inauguración da mostra Labirintos de Manolo Ledo na Aula de Cultura Ponte de Rosas

Inauguración da mostra Labirintos de Manolo Ledo na Aula de Cultura Ponte de Rosas

Correo-e Imprimir PDF
Pe-de-mula-Sabaxans-Mondari

O vindeiro venres 20 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da exposición Labirintos , de Manolo Ledo. O traballo será presentado polo arqueólogo Xosé Lois Vilar cunha introdución do artista plástico Fino Lorenzo. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM.

A mostra Labirinto estará aberta ao público desde este venres 20 de setembro ata o día 8 de novembro de 2013, de luns a venres no horario de 19 a 21 horas.
Para visitas de centros de ensino, obradoiros de arte ou outros colectivos, fóra de este horario, coordinar a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , tamén no teléfono 986 360 575 de luns a venres de 18 a 22 horas.
Sobre a exposición o arqueólogo Xosé Lois Vilar afirma: "O Homo sapiens sapiens leva uns 40.000 anos deixando pintadas e gravuras nas rochas ó aire libre e nas paredes das covas. En Galicia temos mostras excepcionais de petróglifos gravados quizais hai máis de catro mil anos que podemos coñecer a través da visita nocturna alumeada, de axeitadas fotografías ou por medio dos calcos que con gusto excepcional realiza Manolo Ledo.
O eixo desta exposición ira ó redor do motivo máis enigmático, o labirinto, figura de complexa execución presente en moitas culturas do planeta sen conexión coñecida. A través destes calcos e da súa eséxese tentamos un achegamento máis ó misterio."