Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Obrigan a pechar a web de siareiros “Xeración Xabarín” e denuncian presións da Televisión de Galicia.

Obrigan a pechar a web de siareiros “Xeración Xabarín” e denuncian presións da Televisión de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
xabarintweet

- Jon Amil, uns dos creadores da web de siareiros "Xeración Xabarín" denuncia que “por orde da CRTVG e baixo ameaza de emprender acción legais vímonos obrigados a retirar dito web da rede”.

“Para evitar accións legais, a @crtvg obríganos a pechar http://xabarin.org  e este Twitter, feito por e para fans”. Con esta mensaxe os creadores da web Xeración Xabarín informaban da nova aos siareiros, a través da súa conta en Twitter, este martes 5 de marzo.

Jon Amil, nun comunicado aos medios explica que o proxecto naceu no ano 2007, “Vendo que a TVG maltrataba sistematicamente un dos seus programas máis emblemáticos, e que era practicamente imposíbel encontrar información sobre o Xabarín Club na Internet”. Por iso decidiron crear un espazo “feito por e para fans”, agrega.

Denuncian que aínda despois da renovación total do web da CRTVG, “é imposíbel encontrar nela algunhas informacións básicas. Por exemplo, as instrucións para facerse socio do clube só podían encontrarse no noso web e non no oficial. Tampouco existe unha conta oficial do Xabarín Club no Twitter, sendo a feita por nós a que interactuaba cos fans e informaba das novas relacionadas co clube.”

A web Xeración Xabarín xa está fora de liña, até o de agora accesíbel no enderezo http://xabarin.org. “Non foi a Televisión de Galicia, senón os fans, quen mantivo aceso o fenómeno Xabarín estes anos” sinala Jon Amil.

 

O Departamento de Servizos Xurídicos da CRTVG formaliza o requirimento.

Consultado por Valminor.info, Jon Amil informou que a orde da CRTVG chegou formalmente a través dos Servizos Xurídicos da CRTVG. “ Recibimos un requirimento por correo electrónico, asinado por Martina Puente Nogueira, Letrada do Departamento de Servizos Xurídicos da CRTVG e as súas sociedades”.

Agrega quen nel fala “no nome da CRTVG, dicíndonos que os nomes Xabarín Club, Xeración Xabarín e Xabarín News, así como a imaxe da mascota do Xabarín, son marcas rexistradas que estamos a usar sen o seu consentimento. Indícannos que temos un prazo improrrogábel de 7 días para eliminar a web ou tomarán medidas legais”.

 

O  correo da CRTVG chegou este martes 5, segundo informa Amil.  ” Nós limitámonos a eliminar a web e responderlles ao correo dicindo que non entendiamos esa actitude, pero que xa que a marca lles pertence fariamos o que nos dicían”.

Agrega  que o motivo que lles deron dende a emisora  foi «reproducir ilicitamente e sen consentimento do seu titular» o material referente ao clube."Tamén alegaron que a xente podía interpretar enganadamente que a nosa web pertencía á CRTVG, a pesar de que na mesma había un aviso a pé de páxina, claro e ben visíbel, que dicía o seguinte": «Este web foi creada por un grupo de admiradores do programa de televisión Xabarín Club TVG e non fai parte da CRTVG (Compañía de Radio Televisión de Galicia). Tanto Xabarín Club TVG como o resto de contidos mencionadas e/ou incluídos neste web son marcas rexistradas da CRTVG ou dos respectivos donos. Se non está de acordo con algún contido, escriba un correo-e a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e habemos de proceder á súa retirada.»