Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Aberto o concurso de carteis para o Festival Nigrán Jazz Quin Alborés 2012

Aberto o concurso de carteis para o Festival Nigrán Jazz Quin Alborés 2012

Correo-e Imprimir PDF
jazzman

-O obxecto deste certame é seleccionar un cartel para empregar na difusión do Festival Nigrán Jazz, organizado polo Concello de Nigrán, que dende o ano 2010 está dedicado á figura do artista Quin Alborés. O certame está dotado dun premio de 500 euros.

 

O Concello de Nigrán abre o concurso de carteis para o Festival Nigrán Jazz Quin Alborés, que terá lugar o vindeiro 10 de agosto no escenario do estuario da Foz, en A Ramallosa. O Concello de Nigrán busca un cartel que teña como tema o mundo do jazz e a súa estética.

Neste concurso, poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas maiores de 18 anos da comunidade autónoma de Galicia, podendo presentar cada unha delas un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas. O prazo de presentación remata o venres 7 de xullo de 2012 ás 10.00 horas, cun único premio establecido de 500 euros.

Máis información nas bases do concurso, a disposición dos interesados na páxina Web do Concello de Nigrán ou no Facebook do festival.