Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Electros, a banda máis nova de rock do Val Miñor, precisa dos votos dos seus fans para pasar á final de MusicAula

Electros, a banda máis nova de rock do Val Miñor, precisa dos votos dos seus fans para pasar á final de MusicAula

Correo-e Imprimir PDF
Ricardo Esteban, Pedro Vilas, Jose Vilas e Roi Grandío conforman o grupo de rock dos Electros

Os Electros, o nome do grupo de rock-blues máis novo e prometedor do Val Miñor, pasan ás semini finais do concurso nacional de Música MusicAula de Valladolid.
A banda precisa agora das votacións dos seus en Facebook, para poder pasar á gran final en Valencia.

Pedro Vilas, Roi Grandío, Ricardo Esteban e Jose Vilas, estes son os nomes dos compoñentes da banda miñorán de rock "Electros" con idades comprendidas entre os 14 e 17 anos. Pero as súas idades non intimidan a este grupo de rock que xa veñen apuntando alto e xa contan con dous Eps grabados nos estudios de Casa de Tolos en Gondomar distribuídos nas plataformas dixitais de música de todo o mundo.

Os compoñentes reparten os seus fans directos entre o instituto IES Val Miñor e o IES Terra de Turonio onde estudan e compaxinan a actividade da banda. Estas xoves promesas iniciaron os seus primeiros punteos de blues noutras bandas como The FreeSpirit ou Clan 45, maís en 2011 e xa rodando por algúns escearios emblemáticos de Vigo e do Val Miñor deciden formar a banda "Electros" con músicas de seu e versións de lexendarias bandas como Led Zeppelin, Oasis, Neil Young ou os Guns and Roses etc.

Na III edición do concurso nacional de MusicAula.
Recentemente a banda participou en Medina del Campo (Valladolid) no III Concurso Nacional de Música "MusicAula" onde conseguiron pasar ás semifinais. Agora, a decisión para pasar á gran final recaerá nos seus fans que voten polo grupo dende Facebook. O enderezo para darlle o voto aos "Electros" é https://apps.facebook.com/easypromos-premium/voteme/7468/613788843
O premio por gañar o concruso será a grabación dun disco respaldado por un selo discográfico e unha campaña de promoción por toda España, así como un concerto no recoñecido festival "Arenal Sound"
Na páxina web do grupo tendes toda a información http://www.electrosgrupo.jimdo.com

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site