Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Oia amosa o seu patrimonio natural e cultural na parroquia de Pedornes.

Oia amosa o seu patrimonio natural e cultural na parroquia de Pedornes.

Correo-e Imprimir PDF

costa-sur-galiciaAs asociacións Cultural e de Veciños da parroquia de Pedornes (Oia) organiza unha exposición na súa sede, sobre o Patrimonio Natural da costa sur pontevedresa. A mostra consta de 10 paneis de grandes dimensións (85 cm ancho x 200 cm de alto) elaborados polo Grupo de Acción Costeira (GAC 7), organizados baixo diferentes temáticas que inclúen "A Riqueza do Patrimonio", a "Toponimia de Cangas e Cíes", "A Talasonimia da Costa Sur", "O Mar das Gamelas", ou o "Patrimonio Industrial".

 

Dentro da Talasonimia da Costa Sur, a que se lle dedican 4 paneis, cabe salientar o traballo de recollida de topónimos feito polos investigadores do Instituto de Estudos Miñoranos, Roberto Rodríguez Álvarez (Pedornes - Oia)e Xosé Lois Vilar Pedreira ( Baiona).  Dim lights Embed Embed this video on your site

En canto ó Patrimonio Industrial, que conta con dous paneis, coméntanse aspectos relacionados coa Fábrica de Regasende, a Fábrica do Alemán, un Cargadoiro de Mineral tipo "Cantilever", un Forno de Cal ou a Granxa das Saíñas. Por outra banda, a abundante Riqueza Patrimonial da costa sur pontevedresa desglósase en tres listados baixo os títulos: Bens Culturais Mobles, Bens Culturais Inmobles e Bens Culturais Inmateriais. Finalmente, amósanse, a modo de resumo, información diversa relacionada coas actividades desenvolvidas polo GAC 7.

A citada exposición poderá visitarse os días 10, 17 e 24 de Xuño, e o 1 de Xullo de 16.00 a 22.30 h. Expo-Patrimonio-GAC-b

"Patrimonio Natural da Costa Sur" está organizado pola Asociación Cultural e de Veciños da parroquia de Pedornes (Oia) en colaboración co Grupo de Acción Costeira (GAC) 7: Ría de Vigo-A Guarda, e a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM).