Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura "Hoxe en día é bastante difícil vivir completamente da música" DJ. Adri Trillo

"Hoxe en día é bastante difícil vivir completamente da música" DJ. Adri Trillo

Correo-e Imprimir PDF
DJ Adri Trillo


DJ. Adri Trillo (Adrián Trillo, Nigrán 1990) é outra das xoves promesas que xorden dende o Val Miñor e que comeza a despuntar no eido dos disc jockeis de música house comercial en Galicia.

Fan confeso de Erick Morillo e Roger Sánchez, Adri Trillo fixo o seu primer debut no 2010 e o seu clube de fans en Tuenti ronda xa os 2100 seguidores .

DJ de profesión ou de aferrada afección?
Pois unha mestura das dúas cousas, todo empezou como unha afición e agora parece que se esta convertendo en algo máis profesional a pesar do pouco tempo que levo nisto.

A maioría dos músicos din que non poden vivir exclusivamente da súa música. Na actualidade pódese vivir da actividade de DJ ou iso só esta reservado para algúns privilexiados?
Pois é bastante difícil vivir completamente da música, penso que hoxe en dia só uns poucos poden vivir dela, salvo contadas excepcións. A xente que esta vivindo íntegramente disto son xente de 30 anos, como por exemplo Juan Magan e outros djs internacionais como o famoso David Guetta que ten 44 anos. En resumo pódese vivir disto a longo prazo con moito traballo e continiudade.

A figura do DJ, nácese, faise ou se aprende buscándote a vida pola túa conta ?
Penso que principalmente nacese con esa virtude, pero con iso non é suficiente hai que pulir esa cualidade ata ser realmente Dj.

Que debe ter unha persoa para poder adicarse a isto?
Ter un bo oido, ritmo, tempo, diñeiro e o máis importante amar e sentir a música.

Que vos esixen para poder pinchar música? Tedes que pagar ás sociedades de autores ou toda vosa música é libre. 
Pois ninguén. A verdade é que nese sentido non se nos esixe nada, non temos que pagar dereitos de autor posto que quen paga iso é o local ao que imos traballar, pero iso non quere dicir que a nosa musica sexa ''libre''. Nós mercamos as cancións en plataformas dixitais como Itunes ou Beatport no meu caso.

Despois do peche que están a sufrir os servizos de descargas directas por problemas de dereitos de autor, aínda que no medio de todo iso haxa contidos compartidos legais desde moitos puntos do planeta,.. Como vos afecta a vós? O voso mundo nútrese do intercambio de música entre profesionais?
Penso que no mundo do DJ afecta un pouco sobretodo se estas empezando, posto que se non tes moitos recursos economicos para comprar o 100% das cancións é bo botar man a páxinas de descarga directa e compartir contidos legais con outros usuarios. O noso mundo non se basea principalmente no intercambio de musica entre usuarios posto que como dixen antes hai plataformas dixitais onde poder mercar a música.

Que opinas de todo o balbordo causado polo peche de Megaupload e a controvertida Lei Sinde de cara á música e en concreto á túa actividade como DJ?
Penso que a lei sinde ten cousas boas e outras cousas que non son tan boas, se algo non é legal débense tomar medidas. Creo que a "Lei Sinde" vai afectar bastante aos djs no suposto de que se faga efectiva ó 100%.  Os DJ'S terán que mercar a música e isto implica que non todo o mundo ten os recursos economicos necesarios para poder mercala.

Coméntasnos que estás a iniciar os teus pasos no tema da produción propia. Como ves o futuro neste eido?
A palabra producción e a palabra DJ son dúas cousas que deben ir sempre parellas para ter éxito, xa que se sacas algún tema que gusta, sairanche mais "bolos" e o teu éxito como Dj-Productor será máis sinxelo.

Onde podemos escoitar a túa sesión proximamente ?
Pois a partir de xaneiro, unha vez ao mes pincharei nunha festa que fai o meu patrocinador CUNNINGA en Vigo. E a longo prazo estou xa pechando datas para algúns festivais da zona de Vigo e Coruña sen descartar algunhas sesións en locais do sur de Pontevedra. 

----
Podes seguir a DJ Trillo en  Tuenti  -  Twitter - Facebook