Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Un Camiño novo para unha vella utopía

Un Camiño novo para unha vella utopía

Correo-e Imprimir PDF

O venres 21 de maio ás 20:30 h., no Pazo da Touza (Camos, Nigrán) terá lugar a presentación do libro Un Camiño novo para unha vella utopía do que son autores o profesor Xulián Maure, do texto, e os fotógrafos Nacho Gómez e Carlos Puga.

Trátase dunha achega ao Camiño de Santiago sustentada sobre unha profusa e valiosa serie de imaxes dos fotógrafos profesionais Nacho Gómez e Carlos Puga. A obra céntrase no Camiño francés a Compostela considerado como o vertebrador da Europa medieval que sigue na actualidade con todo o seu vigor.

 

O profesor Xulián Maure, foi fundador e primeiro director de Edicións Xerais de Galicia, foi Director Xeral do Libro da Xunta de Galicia. Dende hai décadas reside en Nigrán, onde exerceu o seu labor como profesor no IES Val Miñor do que foi director durante moitos anos. � membro da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos e ata hai ben pouco foi presidente da Asociación galega de Traductores.

O acto será introducido polo grupo de música antiga dos alumnos do IES Escolas Proval de Nigrán, dirixidos polo seu profesor David Piñeiro.