Mércores, 8 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Tertulia con Uxío Labarta

Tertulia con Uxío Labarta

Correo-e Imprimir PDF
O próximo venres 7 de maio de 2004, ás 20:30 horas no Hotel Bahía de Baiona terá lugar a última das TERTULIAS DO IEM correspondente ao curso 2003-04. Nesta ocasión será o biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Uxío Labarta

Uxío Labarta é na actualidade Director do Departamento de Fisioloxía dos Moluscos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, organismo dependente do CSIC do cal foi director durante os anos 1990/94.

Doutor en Bioloxía, participou na xestión e dirección do sistema español de ciencia e tecnoloxía levada a cabo durante os anos 1970 e 1980; así como na creación e desenvolvemento do â??Gabinete de Estudios da Presidencia do CSICâ?? e na Dirección do â??Programa especial do I+D en Acuiculturaâ?? e na xestión do â??primeiro Programa Nacional de Recursos Mariños e Acuicultura da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía.

Sempre atento a actualidade máis inmediata é un asiduo colaborador de prensa e no seu momento tivo unha directa participación na vida política, sendo deputado no Parlamento Galego duna lexislatura 1994-98 na que encabezou a  candidatura do PsdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra. En relación con esta actividade é polo que hai uns días saltou o seu nome entre os hipotéticos Ministros de Pesca do actual Goberno.

Científico de recoñecido prestixio, pero tamén autor de obra de divulgación entre a que salienta a xa clásica A Galicia mariñeira.

O relator será presentado polo biólogo, profesor e membro da Xunta de Goberno do IEM, Fernando Lahuerta.

Sinalar que con esta tertulia ponse fin ao ciclo deste curso das TERTULIAS DO IEM: O autor e a súa obra,  pola que pasaron este ano: X. L. Méndez Ferrín, X. M. Beiras, Daniel Pino, Marcial Gondar, María Xosé Queizán e Antón Seoane.

No seu momento darase a coñecer os participantes na próxima xeira de TERTULIAS que comezará no mes de novembro.

Nesta ocasión será o biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Uxío Labarta quen nos acompañará, primeiro na charla aberta a todo o público e posteriormente na cea para aquelas persoas que fagan a correspondente reserva no 629 890 320.