Mércores, 8 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Aillados e Tempos do volfram, dous documentais de Antonio Caeiro

Aillados e Tempos do volfram, dous documentais de Antonio Caeiro

Correo-e Imprimir PDF

O venres 23 e o sábado 24, deste mes de abril, poderanse contemplar en Gondomar dous video-documentos do realizador natural desta vila, Antonio Caeiro. O primeiro deles, Aillados, proxectarase o venres 23 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal â??Lois Tobíoâ?? de Gondomar.

Aillados, con guión de Xoán A. González, Antonio Caeiro e Clara Mª de Saa , é un traballo de investigación, que se prolongou durante oito anos, trazado cunha metodoloxía de historia oral. � a historia do penal da illa de San Simón durante os anos da Guerra Civil española (1936/39), contada polos seus protagonistas. Foi realizado por Antonio Caeiro a partir de horas e horas de gravación onde se reflicten a emoción e a traxedia daqueles anos que deron lugar a este vídeo dunha hora de duración.

Baixo o mesmo título de Aillados, e co subtítulo de A memoria dos presos de 1936 na illa de San Simón (Ir Indo), foi publicado en formato de libro. Nel, partindo do guión do vídeo e agrupados en capítulos temáticos, van aparecendo os relatos dos distintos protagonistas daquel presidio, xunto cun diario, cartas, fotos, debuxos e poesías realizadas polos propios presos.

O segundo video-documento poderase contemplar o sábado 24 ás 20:30 no mesmo Auditorio Lois Tobío de Gondomar. Nesta ocasión o tema que desenvolve é A memoria nos tempos do volfram, baixo un guión do propio realizador Antonio Caeiro.

 Ao comezo da Segunda Guerra Mundial un mineral fíxose extremadamente necesario para a Alemaña de Hitler: o volfram. Galicia, e moi especialmente as minas d´O Fontao, no concello  pontevedrés de Vila de Cruces, convértese así nunha especie de â??Douradoâ?? para moitos que buscaban diñeiro fácil e/ou traballo naqueles difíciles anos da posguerra española. Mineiros, aventureiros, guerrilleiros, gardas civís e presos políticos entrecruzaron as súas vidas naqueles anos polos montes galegos. O documental é pois a historia daquelas persoas contada por elas mesmas.

Ambas proxeccións están organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Concellería de Cultura de Gondomar.

Enviado por IEM