Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Tertulia con Antón Seoane

Tertulia con Antón Seoane

Correo-e Imprimir PDF

Antón SeoaneO próximo venres 16 de abril ás 20:30 horas no Hotel Bahía de Baiona, e  dentro do ciclo As Tertulias do IEM: o autor e a súa obra, intervirá o médico psiquiatra e músico do grupo MILLADOIRO, ANTÃ?N SEOANE. O conferenciante será presentado por Xabier Groba, profesor de música e membro do CE Maúxo.

Ao remate da conferencia-coloquio terá lugar unha cea co conferenciante na que será presentado o viño Serra da Estrela da D.O. Rías Baixas, pertencente a BODEGAS COUTO. A reserva para asistir á cea (15 euros) pódese facer no 629 890 320.

Antón Seoane naceu nas terras ferrolás, pero dende hai décadas elixiu o Val Miñor para vivir. Dende a súa residencia miñorana realiza o seu traballo diario como médico e o seu esforzo creador como músico.

Foi un dos fundadores do grupo emblemático da renovación musical de base tradicional galega: Milladoiro. O grupo lémbrao así:

 â??Compartíamos e compartimos a paixón pola música e polo noso país; pero sendo conscientes de que o camiño, o emblemático camiño de Santiago, é vía de dúas direccións e de aí o noso nome. Os milladoiros que guiaban os pasos dos pelegríns que se achegaban a Galicia permitíronnos abrirnos ás moitas influencias que enriqueceron esta esquina de Europa.

Somos e sentímonos de aquí na medida en que cremos coñecer e respectamos o mosaico temporoespacial rico e diverso en que vivimos. Non pretendemos proclamas coa música, tan só divertir e divertirnos con este tesouro que son as melodías que esta terra nos legou, froito de xeracións anónimas de músicos tradicionais.

A nosa ilusión sería devolverlle o moito recibido en forma de música fermosa e viva que nos axude como país a manter un lugar de identificación colectivo que nos permita seguir existindo baixo o irremediable manto da aldea global.

Así foi e segue sendo a nosa pequena historia, a historia que empezou no outono de 1978 e que dimos a coñecer por vez primeira un 15 de maio de 1979 no Auditorio dos Salesianos de A Coruña.â??

Falar de música en Galicia é falar de Milladoiro, do mesmo xeito que falar de Milladoiro é falar da música galega actual. Durante os últimos vinte años non só levaron a nosa música tradicional dos seráns e as romarías aos teatros e as salas de concertos de todo o mundo, senón que a reinventaron e compuxeron obras que forman parte xa da nosa tradición.

A explosión musical de Galicia nas dúas últimas décadas sería inexplicable sen o fenómeno Milladoiro e as súas obras xa clásicas, como â??A Galicia de Maelocâ??, â??Galicia no país das Maravillas", "O Berro Seco", "A Vía Láctea", "Iacobus Magnus" ou "Galicia no Tempo".

Enviado por Carlos Méixome (IEM)