O programa de actos é o que continuación se sinala:
O acto do xoves 25 iniciarase sobre as 20 h. e en torno ás 21 h. darán comezo as intervencións que serán presentadas polo Director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome. Despois da lectura dun poema rosaliano a cargo de Bárbara Pereira Meneses, intervirá Hortensia MartÃnez en representación do Centro Galego de Lisboa.
A continuación farao o Presidente da Asociación de Amigos de Lisboa o Doutor Carlos Consiglieri quen disertará sobre â?? Os galegos en Lisboaâ??. A este responderalle o Prof. Agostiño Nieto, en representación do Instituto de Estudos Miñoranos, quen falará sobre â??Camos e Camõesâ??.
O acto rematará despois da lectura do Canto primeiro de â??Os LusÃadasâ?? por parte de Silvia Penas, coa intervención de Manuel Carrera.
O venres 26, pola mañá, os amigos lisboetas cursarán unha visita a Camos, terra orixinaria do poeta nacional portugués LuÃs de Camões, para a continuación regresar a Baiona a fin de coñecer a Igrexa de Santa Liberata, a Colexiata de Baiona, o antigo Hospital de Sancto Spiritu, a casa do Concello onde serán recibidos polo Sr. Alcalde e rematar o percorrido na Praza de Pedro de Castro ou Praza da Froita.