Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Coñece o territorio coa COAG e Ponte...nas ondas

Coñece o territorio coa COAG e Ponte...nas ondas

Correo-e Imprimir PDF
Con motivo da XIV edición de Ponte...nas ondas! , o proxectoterra do Colexio de Arquitectos de Galiza e a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! ofrecen aos centros educativos de ensino primario e secundario da Eurorrexión a oportunidade de coñecer diversos puntos de interese.

Trátase de actividades destinadas a que os máis novos coñezan o territorio e as formas de actuación sobre el que as respectivas poboacións foron realizando.

Para desenvolver coñecer a identidade da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal ofrécese aos centros participantes na XIV xornada de radio interescolar a  posibilidade de realizar visitas para o mellor coñecemento do territorio.

Estes intercambios territoriais pretenden poñer ao alumnado en contacto directo con formas básicas de organización territorial estudiadas no proxecto terra: a aldea, a parroquia, a vila, a cidade e a área metropolitana.

As visitas contan con monitores e guías que explican aos máis novos as diferentes formas de intervención sobre o territorio.

As visitas teñen unha duración de dous días e inclúen e manutención e o aloxamento e sen custe para os centros. Realizaranse até o mes de xuño.

Poderán realizarse visitas de dous días a Ferrol e a Allariz (mércores e xoves) e a Melgaço tamén dous días, calquer día da semana. Estas visitas incluen actividades programadas de varios tipos realizadas por monitores e especialistas quen mostrarán ademais o entorno natural e cultural destes enclaves e o seu hábitat.