Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura IX foro Iberoamericano 2008 en Baiona

IX foro Iberoamericano 2008 en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), organiza a IX edición do Foro Iberoamericano 2008 , programado para este venres 29 de febreiro de 2008, ás 19:00 horas, na Capitanía Marítima e Baiona, antigo edificio da Axudantía da Mariña (rúa Elduayen, 20). O tema que versará esta nova edición do foro será "Arxentina: Kirchner en dous tempos", onferencia que será impartida por Joaquín Mirkin, director executivo da Fundación Safe Democracy.

Arxentina: Kirchner en dous tempos”

 
Con motivo da IX Edición do Foro Iberoamericano 2008, o Concello de Baiona e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), en colaboración coa Fundación Safe Democracy de Madrid, ofrecerán a conferencia “Arxentina: Kirchner en dous tempos”, que será impartida por Joaquín Mirkin, director executivo da “Fundación Safe Democracy”.


A conferencia de Joaquín Mirkin realizará unha análise dos principais aspectos económicos, políticos e sociais da Arxentina nos derradeiros 4 anos, con especial énfase na consolidación do seu crecemento económico e a estabilidade política, así como as perspectivas que se ofrecen coa presidencia de Cristina Fernández de Kirchner.

Licenciado en Ciencia Políticas pola Universidade de Bos Aires, con Máster en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidade Complutense de Madrid, Joaquín Mirkin é experto en Comunicación Política e Institucional e candidato a Máster en Comunicación Política Institucional do Instituto Ortega y Gasset de Madrid.

A súa labor profesional transitou polo mundo do xornalismo a través do diario “Página/12” de Arxentina. Actualmente, Joaquín Mirkin desempéñase como director executivo da “Fundación Safe Democracy”, a cargo da definición e aplicación das estratexias de comunicación, as relacións institucionais, alianzas estratéxicas, organización de eventos e definición da liña editorial.

sta IX Edición do Foro Iberoamericano 2008 se celebrará o próximo venres 29 de febreiro de 2008, ás 19:00 horas, na Capitanía Marítima de Baiona, antigo edificio da Axudantía da Mariña (rúa Elduayen, 20. Teléfono: 986-35 50 31)