Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Nigrán, punto de encontro entre dúas linguas

Nigrán, punto de encontro entre dúas linguas

Correo-e Imprimir PDF
Dende o día 2 de Febreiro un grupo de seis profesores ingleses de Mánchester, están participando nun proxecto europeo “Education and Culture lifelong learning programme. COMENIUS. Two week primary teachers Project” onde se seleccionou a proposta de Nigrán como punto de encontro para mellorar a calidade do ensino do inglés e do español, tanto no Reino Unido como no Val Miñor.

 Este proxecto europeo, enmarcase nunha iniciativa promovida polo British Council (Ministerio de Educación inglés) en colaboración coa Consellería de Educación no Reino Unido (dependente da Embaixada Española en Londres) e do Instituto Cervantes de Manchester.

A repercusión e o impacto é evidente xa que participan seis colexios da zona, CEIP Humberto Juanes, CPI Panxón, CEIP la Cruz, CEIP Carlos Casares, CEIP de Mallón y CP de Sabarís, onde os seus profesores acollen os visitantes ingleses como parte da inmersión lingüística exisida polo proxecto.

O pasado venres 8 de febreiro este grupo de profesores foron recibidos no salón de plenos do Concello de Nigrán polo alcalde Efrén Juanes e a Concelleira de Educación e Turismo Mª Estela Pérez e o domingo 10 de febreiro participaron na ruta de senderismo que organizou a Concellería de Turismo, dentro do seu programa Andar Nigrán. Tiveron a posibilidade de visitar a zona dos muiños de Rodas, O Castro e ver en funcionamento un dos muiños de auga.

A primeira parte do proxecto, céntrase na formación lingüística do español, impartida por Mercedes Álvarez, profesora da Universidade de Nebrija de Madrid e Mercedes Ferrer, profesora do Instituto Cervantes y M.M.U. de Manchester.

Unha vez finalizada esta formación académica, os alumnos ingleses asistirán os colexios mencionados anteriormente para ampliar o coñecemento da lingua e coñecer a didáctica que porán en práctica nas suas aulas inglesas. Para finalizar, o proxecto completase con visitas guiadas as principais zonas do Val Miñor (Chandebrito, Baiona, miradores cercanos, etc.) e de Galicia como Santiago de Compostela ou A Guarda, contando para esta actividad de promoción turística, coa colaboración directa da Concellería de Educación e Turismo do Concello de Nigrán e do Centro de Iniciativas turísticas do Val Miñor (CIT).

Deste modo pechase o ciclo de formación do profesor como profesional, como alumno e como turista, o que aporta un valor engadido que engloba a lingua, cultura e ocio no marco incomparable do Val Miñor. Así o seu regreso a Mánchester serán eles mellor que ninguén, os encargados de promocionar a calidade do proxecto de Nigrán no extranxeiro.

A proposta de Nigrán para a xestión deste proxecto europeo, parte da iniciativa dun equipo de traballo liderado por Marcos Arias Rodríguez, veciño de Nigrán e director de linguas do colexio Saint John´s R.C. Primary School en Manchester, en estreita colaboración con Chus Álvarez, profesora do colexio CEIP Humberto Juanes de Nigrán, Montse Guzmán, profesora de linguas no Val Miñor e David Rodríguez.

O desenrolo deste proxecto europeo, afianza a relación entre Nigrán e Manchester na promoción lingüística e educativa do inglés e o español, xa que mantense un intercambio educativo entre o CEIP Humberto Juanes (Nigrán) e o colexio Saint John´s R.C. Primary School que cumple este ano a sua cuarta edición, o que lle valeu a éste último o galardón ó mellor colexio español do ano no Reino Unido.

Desta forma é patente a mellora da calidade do ensino do inglés e do español no Reino Unido e no Val Miñor, principio e fin da posta en marcha destas experiencias. Eles agradecen a colaboración especial do CEIP Humberto Juanes (Nigrán), Consellería de Educación no Reino Unido, o Instituto Cervantes de Mánchester, e o Concello de Nigrán e o CIT (Centro de Iniciativas Turísticas Val Miñor) e a Asociación Cultural O Castro de Chandebrito .