Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Concurso de curtametraxes CIM Nigrán

Concurso de curtametraxes CIM Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Organizado polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Nigrán, convócase o I CONCURSO DE CURTOS denominado “NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO”. O obxectivo será a elaboración de curtametraxes en formato DVD ou diaporama que formen parte da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero desenvolvida polo CIM.

As curtametraxes deberán ser rodados con teléfono móvil ou cámara de vídeo e unha duración máxima de 10 minutos. As obras serán expostas ó público o día 23 de novembro de 2007 durante o transcurso do acto que terá lugar con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero (25 de novembro ).

 

BASES DO CONCURSO:
Organizado polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Nigrán, convócase o I CONCURSO DE
CURTOS denominado “NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO”.
O obxectivo será a elaboración de curtametraxes en formato DVD ou diaporama que formen parte da campaña
de sensibilización contra a violencia de xénero desenvolvida polo CIM. As curtametraxes deberán ser rodados con
teléfono móvil ou cámara de vídeo e unha duración máxima de 10 minutos.
As obras serán expostas ó público o día 23 de novembro de 2007 durante o transcurso do acto que terá lugar
con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero (25 de novembro ).
I. TEMA:NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.
A finalidade é sensibilizar e informar á poboación sobre a violencia que sofren as mulleres.
II. IDIOMA: Nos traballos deberá empregarse exclusivamente a lingua galega.
II.I PARTICIPANTES.
Establécense dúas categorías:
Primeira categoría: participantes con idades comprendidas entre 15 e 18 anos.
Segunda categoría: participantes de 19 ou máis anos.
As obras poderán ser individuais ou colectivas, e cada participante ou grupo de participantes poderán presentar
un máximo de duas obras.
Os traballos que concursen deberán ser inéditos e non presentados en anteriores concursos.
IV. INSCRIPCIÓNS. Prazo de inscripción: dende a data de publicación de estas bases ata o día 17 de novembro
de 2007.
Lugar de entrega: as solicitudes ó certame presentaranse no CIM do Concello de Nigrán, ( antiga estación do
tranvía ), Estrada pola Via, 65, 36350 Panxón, Nigrán.
A solicitudes deberán presentarse nun sobre pechado que conteña:
1)Folla de inscripción cumplimentada.
2) Copia do DNI, NIE ou Pasaporte
3)Un DVD coa obra
Estas bases e a ficha de inscripción poderá baixarse na seguinte páxina Web: www. nigran.org.
As persoas participantes deberán presentar as súas obras nas mellares condicións
V. SELECCIÓN. A resolución do Concurso terá lugar o día 19 de novembro e comunicarse o día 20 de novembro por
vía telefónica e correo ordinario.
VI. XURADO: Estará formado pola Concelleira de Igualdade e Benestar Social e o persoal do CIM. O xurado
valorará especialmente o contido e tratamento do tema e a creatividade.
VII. PREMIO.
Primeira categoría: cámara CANON DIXITAL IXUS 950 IS ( 8.0 Mpixeles ).
Segunda categoría: 500,00 €
VIII. DESCALIFICACIÓNS. O xurado podra descalificar ás persoas concursantes nas seguintes situacións:
Realización de obras que constitúan apoloxía da violencia en calquera das súas manifestacións, así como a
realización dun traballo de contido racista, xenófobo ou sexista.
O plaxio de outras obras realizadas con anterioridade por outras persoas.
As persoas participantes serán as únicas responsables dos contidos dos seus traballos en canto as esixencias
legais de dereitos de autoría ou plaxios, así como das derivadas da lei de protección xurídica da/do menor.
IX. OBSERVACIÓNS
A organización resérvase o dereito de suspender ou pospor calquera actividade do certame por motivos alleos a
súa vontade.
A organización poderá declarar deserto o concurso se ningunha das obras reúne os requisitos esixidos.
A organización poderá difundir, sen límite de duración e sen contrapartida, os nomes das persoas participantes e
os curtos seleccionados por calquera medio.
As persoas participantes serán propietarias do conxunto de dereitos de reproducción, representación e difusión
dos curtos, pero o mesmo tempo, autorizarán ó Concello de Nigrán a efectuar a difusión, que estime oportuna, das
obras presentadas.
As copias das obras presentadas, non serán devoltas, pasarán a formar parte do arquivo do CIM que se reserva o
seu uso con fins non lucrativos.
A participación neste certame implica a total aceptación destas bases.


FICHA DE INSCRIPCIÓN
1º Concurso de curtametraxes ¡¡¡ NON A VIOLENCIA DE XÉNERO !!!
DATA .............................................................................................................................................
NOME E APELIDOS ................................................................................................................
DNI/NIE/PASAPORTE ..................................................................................................................
IDADE ................................................................................................................................
ENDEREZO ...............................................................................................................................

 


De conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protecciónde Datos de
Carácter Persoal, vostede queda informado e acepta expresamente que os seus datos persoais serán incluidos no
seguinte fichero titularidade do Concello de Nigrán: Ficheiro denominado Concurso de Curtametraxes.
En calquera momento poderá ejercitar os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, coa referencia
Protección de Datos indicando o nome do ficheiro e o dereito que exercita