Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O reino ideal. Novo Libro de Miguel Anxo Mouriño

O reino ideal. Novo Libro de Miguel Anxo Mouriño

Correo-e Imprimir PDF
Portada do Libro O reino ideal . Ed. Galaxia
Miguel Anxo Mouriño
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
Miguel Anxo Mouriño, no seu libro O reino ideal, pretende introducir os xoves lectores no engaiolante mundo da enigmística e para iso lanza, xunto coa novela, un blog no que os interesados poden saber máis desa arte e participar activamente no seu desenvolvemento a través de colaboracións abertas a todas as idades e tamén do concurso escolar DEBERES, só para estudantes de primaria e de ESO.

É un concurso para premiar as mellores creacións de xogos enigmísticos. Cada trimestre haberá como premio un libro, agasallo de Editorial Galaxia, para un alumno de cada categoría (A: primaria e 1º de ESO; B: 2º, 3º e 4º de ESO). Visitade a páxina en: http://www.blogoteca.com/buli/

para saber como participar ou para mellorar os vosos coñecementos de enigmística, unha arte moi practicada noutros idiomas (nomeadamente en italiano, inglés, francés, castelán e catalán) pero case inexistente en galego. Poderedes descargar de balde un Manual de Enigmística.

 

Editorial: Galaxia
Colección: Árbore a partir de 12 anos
209 páx.
Rústica
PVP: 12.00 €
ISBN: 978-84-7154-176-5
Data publicación: setembro 2007
1ª Edición

Miguel Anxo Mouriño

Naceu en Cambados en 1943. Da clases nun colexio de Primaria en Riomaior en Cobres. "Camariña" é a súa primeira publicación, un poema solto editado nun cartel que Díaz Pardo ilustrou. "Xove" é a segunda publicación, outro poema solto que aparece nun mural no Albergue Xuvenil de Gandarío. Logo foron os poemarios Camariña: sete cruces e unha esperanza e E segues a tirarme das entrañas, este último en Edicións do Castro. No 2004 publica con Galaxia Os arriscados un libro de narrativa para lectores novos.