Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Ofrenda froral na volta dos Nove

Ofrenda froral na volta dos Nove

Correo-e Imprimir PDF
O próximo domingo 15 de outubro celebrase o setenta aniversario dun dos feitos máis tráxicos da terrible represión que se iniciou co golpe de estado do 18 de xullo de 1936. Na amañecida daquel día de hai sete décadas foron vilmente asasinados:

Manuel Aballe Domínguez, Felicísimo Antonio Pérez Pérez, Elías Alejandro Gonda Alonso “O Ghonda”, Manuel Francisco Lijó Pérez “O Lijó” , Modesto Fernández Rodríguez “O Rei Chiquito”, Fidel Leyenda Rodríguez, José Rodríguez González “O Pelonio”,
Manuel Barbosa Durán “O Ferreiro do Burgo” , Generoso Valverde Iglesias.

Dende aquela o lugar é coñecido como A VOLTA DOS NOVE. As mans populares riscaron no chan, á beira da estrada, nove cruces que cultivaron a memoria durante décadas. Dende hai un ano á arbore de bronce e os loureiros ideados polo escultor Fernando Casás serven de merecida homenaxe ás víctimas da sublevación fascista.

Neste setenta aniversario os familiares, a Comisión Volta dos Nove e o Instituto de Estudos Miñoranos van celebrar unha ofrenda floral ás 13 horas do mesmo domingo día 15 diante do monumento inaugurado hai un ano. Facemos unha chamada a todas as persoas que o desexen a participar nesta sinxela homenaxe na memoria dos que no Val Miñor simbolizan os valores de pluralidade e democracia que lles foron arrincados ao pobo, como aos nosos nove veciños as súas vidas, polos que se ergueron en armas contra a República democrática.

Nesta homenaxe queremos tamén lembrar tamén aos outros veciños do Val Miñor aos que a infamia lles arrincou o dereito á vida. Citamos a aqueles dos que temos coñecemento:

Emilio Giráldez Rodríguez, O Viso, San Pedro Ramallosa, Nigrán 
Miguel Gonçalves Pereira, Sancho, Panxón, Nigrán 
Abilio González Pérez, O Viso, San Pedro da Ramallosa, Nigrán 
José Vázquez Grela, As Angustias, Nigrán 
Luís López Luís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona 
José López Luís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona 
Dolores Samuelle Álvarez, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona 
Manuel Prado Pereira, Panxón, Nigrán 
José Cabreira Valverde, Nigrán 
Manuel Prudencio del Rosario, Chaín, Gondomar 
Abilio Araújo Barbosa, Chaín, Gondomar 
Gregorio Manuel Miranda González, San Pedro da Ramallosa, Nigrán 
Telmo Freitas Lima, Panxón, Nigrán 
José Millán Alonso, San Pedro da Ramallosa, Nigrán 
Joaquín Guisande, Cabreira, Nigrán 
José Rodríguez Veiga, Panxón, Nigrán 
José Malla, Camos, Nigrán


E tamén aos que non sendo veciños do Val Miñor foron estas terras as que acolleron o seu último alento. Entre eles:

Delmiro Prado Lago, Carrasqueira, Coruxo,Vigo 
Edelmiro García Suárez, Caride, Lavadores 
Arturo Fernández Cabaleiro, Tui 
Francisco Martínez Díaz, O Calvario, Lavadores 
Alejandro Bastos Posada,Gandara, Beade,Vigo 
Fernando Costas Iglesias, r/ Romil, Vigo 
José Comesaña Pérez, Garita, Alcabre, Vigo 
Antonio Comesaña Pérez, Cruceiro, Alcabre, Vigo 
Emilio Comesaña, Alcabre, Vigo 
Manuel Enrique Villar Cimadevila, O Pino, Vigo 
Jesús Rodríguez García, Taboexa, As Neves 
José María Barreiro Ferreira, Chenlo, O Porriño 
Francisco Salgueiro Hermida, Sobreira, Valadares, Vigo 
Cándido Veiga Rodríguez, Sello, Cabral,Vigo 
Emilio Táboas, Poulo, Teis, Vigo 
Américo Trigo,Travesía Bco. España, 10, Vigo 
Juan Jesús Garrote Nogueira, r/ Abeleira Menéndez 22, b. Vigo
Carmen Gómez Domínguez, A Bagunda, Lavadores 
Baldomero Iglesias de Cabo,Vigo 
Jesús Fernández Alonso, Petelos – Mos 
Eloy Pereira Fernández, San Miguel de Oia, Vigo 
Albino Pedreira Puentes, San Miguel de Oia, Vigo 
Manuel Pérez Fernández, r/ Mariana Pineda, 62, 
Amante Caride Rodríguez, Cabral, Lavadores, 

A esta tráxica listaxe hai que engadir 6 cadáveres de descoñecidos