Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Primeiros Teasers do documental A Volta dos Nove de Antonio Caeiro

Primeiros Teasers do documental A Volta dos Nove de Antonio Caeiro

Correo-e Imprimir PDF
Foto AVGI
Acaban de publicarse en internet os primeiros teasers do documental do director  e guionista miñorán Antonio Caeiro Rodríguez autor dos documentais "Aillados" e  "A memoria nos tempos do wolfram".
En colaboración co Instituto de Estudos Miñorán e a Comisión pola Volta dos Nove, Antonio Caeiro rodou o documental sobre os miñoráns asasinados en Baredo o 15 de Outubro de 1936.
Neste ano da memoria, Antonio Caeiro e o IEM plasmaron e estudaron respectivamente, os feitos acontencidos naquel desgraciado día no que nove homes case todos mariñeiros, foron fusilados en Baredo en represalia pola morte dun falanxista. Dende aquela data, nove cruces aparecían pintadas anonimamente no chan +++++++++ da que pasou a chamarse a Volta dos Nove . Unha cruz por cada un deles.
O documental conta principalmente cos testimonios directos dos familiares das víctimas, e ainda que atópase en fase de postproducción posiblemente conte con recreacións dos feitos desta escura páxina da historia do Val Miñor.

 

A Volta dos Nove - Teaser 1

A Volta dos Nove - Teaser 2

 

Ver máis videos de Antonio Caeiro